Respecto da súa elaboración, non hai ningunha regulamentación nin normativa obrigatoria. A voluntariedade do exercicio da Responsabilidade Social implica tamén que o xeito de elaborar as Memorias sexa libre. Aínda así, existe unha Guía internacionalmente recoñecida: a Guía GRI (Guía para a elaboración de Memorias de Sostibilidade, versión 3.0, do Global Reporting Inititiave), que establece un marco para a elaboración de Memorias de Sostibilidade ou de Responsabilidade Social.
Para aquelas empresas que teñan un compromiso serio co enfoque de empresa responsable e sostible, a Memoria de Sostibilidade actúa como unha ferramenta de difusión e de comunicación dos seus compromisos e resultados.
Deste xeito, os grupos de interese poden manterse informados das actuacións e logros, creando así unha relación máis estreita entre os devanditos grupos e a nosa empresa, involucrándoos e dándolles a oportunidade de participar co obxectivo de avanzar e mellorar.
A Memoria tamén se emprega como indicador para avaliar os logros, o progreso e o crecemento da empresa co paso do tempo, a través do exercicio de comparación destas en diferentes períodos. Este proceso de comparación resulta imprescindible, dado que nos ofrece a posibilidade de identificar aspectos para mellorar, reformular ou innovar, creando así un proceso de mellora continua na nosa empresa.
Á súa vez, permítenos diferenciarnos no mercado, aumentando a nosa competitividade e a nosa reputación de cara ao exterior, comparándonos con outras organizacións.
A Memoria de Sostibilidade ou Memoria de Responsabilidade Social Empresarial é un informe da empresa que reflicte o estado dos nosos compromisos, as nosas actuacións e relacións cos nosos grupos de interese ao redor da materia de Responsabilidade Social.
A elaboración dunha Memoria de Sostibilidade implica a medición, divulgación e rendición de contas fronte aos grupos de interese internos e externos en relación coas actividades da nosa empresa respecto ao desenvolvemento sostible.
|