![]() |
|
Que supón a RSE nas Pemes Galegas?
… un novo enfoque na xestión das empresas co que se pretenden acadar organizacións máis competitivas preocupadas polo seu contorno de traballo e polas persoas que o desenvolven. Preocupadas por acadar a satisfacción dos seus clientes pero non a calquera prezo, senón con procesos sostibles en todo o seu ciclo e garantindo o cumprimento das obrigas que lles aplican. En definitiva, procúrase apoiar e dar facilidades a aquelas empresas comprometidas co seu contorno, cos seus traballadores e provedores, cos seus clientes e coa sociedade en xeral e o medio ambiente. |

















